As Meninas de Canido continúan recabando o apoio popular e o PSOE reclama maior atención institucional

|

A próxima fin de semana o barrio de Canido acollerá a cuarta edición da iniciativa popular As Meninas, unha cita que reunirá a uns 140 artistas que volverán dinamizar e decorar o barrio. Con este motivo a asociación cultural Fuco Buxán emitiu un comunicado no que convida aos seus socios a participar neste acto entre lúdico e reivindicativo. Por outra banda, o PSdG-PSOE de Ferrol vén de reclamar nun escrito “unha maior atención institucional ás Meninas” unha iniciativa que cualifican de “dinamizadora deste barrio da cidade”.
A máxima responsable do partido en Ferrol, Beatriz Sestayo, destaca que “As Meninas de Canido non só supoñen unha mostra cultural senón que van máis alá converténdose nun foco de ingresos, un reclamo tuirístico e incluso urbanístico”, salienta.
No seu escrito, Sestayo insta ás áreas de Turismo e Cultura, así como á Xunta e á Deputación a colaborar nesta “orixinal iniciativa urbana”.

As Meninas de Canido continúan recabando o apoio popular e o PSOE reclama maior atención institucional