Un ano atentos ó audiovisual, á actualidade política e a efemérides como o centenario de Celso Emilio

Un ano atentos ó audiovisual, á actualidade política e a efemérides como o centenario de Celso Emilio
xxii xornadas de gaita d.a.

O Ateneo Ferrolán comezou o ano con cambio de presidente, substituíndo Ramón Veloso a Eliseo Zaera, que segue a formar parte do equipo directivo. Neste tempo, e pese a non ter sede propia, continuaron con boa parte das súas actividades habituais. No balance que fan de 2012, a entidade subliña a celebración da II Mostra de Documentais en Galego (en marzo), as XXII Xornadas de Gaita ou as XII Xornadas de Curtametraxes (o pasado decembro). No eido audiovisual tamén contaron con proxeccións de cine (nun ciclo de política e sociedade en novembro e de-cembro) que continuará, con outras temáticas aínda por definir, nos próximos meses.

Tamén tivo continuidade o certame de fotografía sobre o medio ambiente, que cumpriu a súa vixésimo segunda edición.

O Ateneo organizou conferencias (en torno ó segundo centenario da Constitución de Cádiz ou sobre o bosque fósil de Ponzos) e tamén concertos (o do coro mixto Diapasón, no Carvalho Calero). Ademais, reflexionou sobre os medios de comunicación e a sociedade nun debate no que participaron representantes de xornais e radios e contribuíu á cita electoral galega coa organización dun debate con representantes das principais forzas.

Destacan ademais a celebración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, con mesas redondas e recitais poéticos en colaboración coa asociación Fuco Buxán.

O Ateneo mantivo ademais o seu blog en internet e a súa presenza nas redes sociais. A revista, porén, editada só en formato dixital, chegou ata xullo. Entre os proxectos inmediatos está a súa reactivación.

Un ano atentos ó audiovisual, á actualidade política e a efemérides como o centenario de Celso Emilio

Te puede interesar