O xadrez escolar compartirá hoxe espazo cos libros na feira do Cantón

Feria del Libro
|

Os que aínda non pasaron estes días pola 28 Feira do Libro de Ferrol –coa Praza da Constitución, no Cantón, como escenario– terán hoxe a última oportunidade de facelo e beneficiarse así dos descontos do 10% que as nove librarías presentes aplican a todas as compras. Hoxe, ademais, con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro, todos os clientes recibirán unha flor como agasallo. 
A derradeira sesión do evento –as casetas permanecerán abertas en horario de 11.00 a 14.30 e de 17.30 a 21.30 horas– incluirá tamén unha intensa axenda de actividades durante todo o día.
Especial protagonismo terá, como vén sendo habitual desde hai catro anos, o xadrez escolar. 
Baixo a organización da Concellería de Educación de Ferrol coa colaboración do Círculo Ferrolán, ás 12.00 horas terá lugar unha exhibición de partidas simultáneas a cargo de alumnado dos centros de ensino da cidade que toman parte no programa Xadrez nas Escolas –secundado pola la totalidade dos colexios públicos e concertados e que chega así a uns 2.000 escolares do último curso de Infantil e de 1º a 3º de Primaria–. Ás 18.00 horas será a quenda para a 4ª Mostra Popular de Xadrez, tamén a cargo de alumnado do programa educativo.
O Círculo Ferrolán de Xadrez instalará no Cantón para tal fin un total de 30 mesas polas que irán pasando os xogadores. A xa tradicional cita con este xogo é unha das singularidades da que cada ano goza a Feira do Libro de Ferrol en relación coas que se celebran noutros puntos da comunidade galega.
Bibioteca
Tamén no marco do programa da Festa da Lectura, do Libro e da Palabra promovida desde a área de Educación con motivo da feira literaria do Cantón, ás 11.00 horas darán comezo,na caseta da Biblioteca Municipal –que neste 2017 celebra o seu 75 aniversario– as diferentes propostas e sorpresas dirixidas especialmente ao público infantil. 
Ademais, ás 12.30 horas haberá un contacontos e un obradoiro “Entre animais anda o conto” e ás 19.30 horas outro titulado “O meu amigo o libro”.
Ás 13.30 horas, a alumna do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, Noreia Hermida ofrecerá un concerto a piano.
Xa pola tarde, ás 20.30 horas, Paulino Gasalla, autor do libro “Alejandro Porto Leis. Un alcalde para o pobo en tempos escuros”, editado pola Asociación Cultural Muíño do Vento, falará da súa obra na carpa da feira.
Luis Davila
Hoxe estará presente no Cantón, concretamente na caseta da Central Librera, o ilustrador e humorista gráfico Luis Davila, autor das populares viñetas de O Bichero. Estará a partir das 12.00 horas e asinará exemplares dos seus libros. Os que merquen algún deles recibirán unha dedicatoria con debuxo incluído.
Ás 12.30 horas, Cris Cebral asina a súa obra “Noa” na caseta do Espazo Lector Nobel. Ás 17.30 horas, José María Paz Gago fará o propio co seu libro “El octavo arte”, na caseta da Librería Day, espazo no que ás 19.00 horas Carlos de Vilanova asinará os seus libros a todos os interesados.
Entre muchas otras novedades, en la feira ferrolana se pueden encontrar el recién publicado libro de Juan J. Burgoa “Gentes que hicieron Ferrol”, patrocinado por Diario de Ferrol. l

O xadrez escolar compartirá hoxe espazo cos libros na feira do Cantón