A feira rural de San Sadurniño logra poñer en valor a produción hortícola da vila

A feira rural de San Sadurniño logra poñer en valor a produción hortícola da vila
Feria Agricola en San Saturnino

Satisfacción en San Sadurniño polo resultado onte da VI Feira Rural que organizou o departamento de Participación Veciñal. Á hora de peche da feira o concelleiro Manuel Varela destacaba: “Os obxectivos cumpríronse sobradamente. Xa non é que houbera máis expositores ou visitantes que en ningunha outra edición, que o día axudou, senón que creo que conseguimos axudar a poñer en valor a produción das nosas froitas. A xente xa sabe que aquí ten un lugar para amosar os seus produtos”.
Máis xente que nunca e máis expositores que nunca ao coincidir co mercado local xusto no que tomaron parte130 vendedores, 30 máis que o ano pasado, de materias que ían da alimentación, segunda man, flores e plantas, maquinaria agrícola, etc. Ademais, a mostra da asociación AGFA do Eume incluíu uns 35 postos de froita selecta e a participación no concurso de cestas superou as 50 persoas, máis que nunca e de máis variedades que nunca.
Paralelamente, houbo unha vintena de actividades pensadas  para todas as idades: obradoiros de cociña creativa, sorteos, visitas guiadas á horta de froiteiras e ao apiario didáctico, catas de sidra, cervexa e viño do país, actuacións musicais, paseos en canoa polo Xubia, así como unha exposición de cans de palleiro. De feito, animais de todos os tamaños e razas competiron na III Copa Agility Concello de San Sadurniño, na que se puxo a proba a súa capacidade para superar obstáculos no menor tempo posible.
Durante a feira tamén se organizaron paseos en kayak polo río e incluso probas deportivas. En colaboración co clube MTB Biela e Chaveta levouse a cabo a tradicional Marcha cicloturista, que percorreu 9 quilómetros do municipio.

A feira rural de San Sadurniño logra poñer en valor a produción hortícola da vila

Te puede interesar