Presentan o Festival de Río Castro no local de Narahío

A Asociación de Veciños o Castelo de Narahío presentará o programa do XXI Festival de Río Castro o vindeiro sábado, cunha festa no seu local social. A partir das 17.30 horas celebrarase un campionato de brilé. A animación continuará ata as oito, cando se dea a coñecer o cartel dun dos festivais máis veteráns da comarca. Non podía faltar a música, que poñerán os acordeonistas Manuel Cociña e Roberto Grandal, ás 20.30 horas.
A cea servirase ás 21.30 horas e consistirá nunha degustación de xamón escaldado para tódolos asistentes. Despois volverá a música, esta vez aberta a quen queira participar co seu instrumento nunha repichoca popular que prolongará a celebración ata a madrugada.
O Festival de Río Castro, en San Sadurniño, nesta vixésimo primeira edición, celebrarase o día 5 de xullo. A xornada convértese ademais nunha reivindicación para conservar e defender a natureza da zona.

Presentan o Festival de Río Castro no local de Narahío

Te puede interesar