A Feanpas salienta a “importante implicación” das familias no rexeitamento ás “reválidas”

A Feanpas salienta a “importante implicación” das familias no rexeitamento ás “reválidas”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-a030a4bf

A primeira das tres sesións nas que se estrutura a proba de avaliación implantada pola Lomce para o alumnado de sexto de Primaria –desenvolvida este ano por primeira vez– contou, a xuízo do presidente da Federación de Anpas de Ferrolterra, Javier Sánchez, cunha “implicación importante das familias” no seguimento ao chamamento feito polo devandito colectivo de non levar aos nenos estes días ao colexio para non facer as probas e deste xeito expresar o rexeitamento e oposición ás mesmas. 
As cifras achegadas onte pola mañá desde a CIG-Ensino de Ferrol estimaban en arredor do 75% a porcentaxe de alumnos que non acudiron a clase nos colexios públicos da cidade. Nalgúns, como o CEIP Manuel Masdías, a aula de sexto curso estivo baleira todo o día, ao non asistir ningún dos 25 escolares que hai neste nivel no devandito centro.
Cunha estampa idéntica ou similar discurriu a xornada noutros colexios, mentres que tamén os houbo nos que o chamamento da Federación de Anpas apenas tivo incidencia, transcurrindo o desenvolvemento destas probas con total normalidade.

consellería
Sen puntualizar en datos concretos por cidades ou comarcas, desde a Consellería de Educacióne informouse onte que, no conxunto da comunidade galega, “o 90% dos centros e o 60% do alumnado” de 6º de Educación Primaria participaron onte con normalidade na na primeira xornada da avaliación, segundo as primeiras estimacións.
O conselleiro de Eduación, Román Rodríguez, cualificaba estes datos de “moi razoables” tendo en conta o escenario “de tensión e os chamamentos constantes ao boicot e á insubmisión” por parte dalgunhas organizacións. Uns chamamentos que, tal e como xa apuntaron colectivos como a Feanpas de Ferrolterra, continuarán de cara á celebración, os vindeiros 24 e 25 de maio, das probas de avaliación para o alumnado de terceiro de Primaria, que neste caso se realizaron xa o pasado curso.
A Federación de Anpas de Ferrolterra ten previsto celebrar unha nova concentración de protesta o día 23, véspera do iniciodfválidas”.

A Feanpas salienta a “importante implicación” das familias no rexeitamento ás “reválidas”

Te puede interesar