A fotógrafa María Rodríguez, premiada pola Axencia Europea de Medio Ambiente

A fotógrafa María Rodríguez, premiada pola Axencia Europea de Medio Ambiente
Diario de Ferrol-2015-01-03-011-abeda168_1

A fotografa ferrolá María Rodríguez, de 22 anos, vén de ser premiada pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), cunha imaxe que foi a máis votada polo público participante no certame “Enviroment & Me” convocado por esta institución, cuxas siglas en inglés son EEA. Rodríguez, que acadou 500 euros con este recoñecemento, foi seleccionada entre outros 30 finalistas europeos para competir nesta cita coa fotografía “Green & life”. A imaxe é dun almeirón ou dente de león no medio dun prado, que segundo a autora lle recorda a súa infancia cando sopraba e se desfacía no aire. A fotografía está feita en Covas e a súa autora asegura que nunca pensou que puidera gañar un concurso a nivel europeo. Rodríguez leva feitas xa varis exposicións e colaborou con publicacións como Diario de Ferrol.
Pola súa banda, a AEMA, que promocionará a imaxe, é un organismo pertencente á Unión Europea que ten como labor ofrecer información independente sobre o medio ambiente.

A fotógrafa María Rodríguez, premiada pola Axencia Europea de Medio Ambiente

Te puede interesar