Ortigueira continúa negociando con The Chieftains e a opción de Junkera non calla

Finalmente as conversas mantidas entre a organización do Festival de Ortigueira e o músico Kepa Junkera non chegaron a bo porto. Aínda que desde este medio asegurouse o pasado domingo que a contratación era unha realidade, o certo é que as posturas non se achegaron en último termo como contrastou este xornal coa mánager do artista vasco, aínda que o acordeonista agarda poder actuar na próxima edición do festival.
Así mesmo, solventes fontes municipais, en concreto a concelleira de Cultura, Mª Cruz Sabio, recoñeceu que se estaba a traballar na contratación da banda The Chieftains, cuxo resultado definitivo, de seres positivo, anunciarase nos próximos quince días. Iso si, Milladoiro, Ruaille Buaille, Moxie e Treachorous Orchestra están confirmados.

Ortigueira continúa negociando con The Chieftains e a opción de Junkera non calla

Te puede interesar