Emocións a través da danza no espectáculo “Emoticores” da compañía Las Tricotouses

Emocións a través da danza no espectáculo “Emoticores” da compañía Las Tricotouses
A proposta está dirixida ao público infantil e familiar

Arredor dun ano despois da súa estrea, o espectáculo “Emoticores” segue a encher os escenarios con formas, cores, sons e movemento para traballar, a través da danza, as emocións sobre todo cos máis pequenos.
A compañía Las Tricotouses, formada polas bailarinas Cristina Montero e Rut Balbís, levarán hoxe ao Teatro Jofre a súa proposta dirixida ao público familiar e infantil a partir de oito anos de idade. Será a partir das 19.00 horas e as entradas custan cinco euros.
O espectáculo, o terceiro da compañía, ten entre os seus obxectivos axudar ao entorno familiar dos nenos para relacionar as emocións con aquilo que as provoca.
“Ao igual que os adultos, os nenos e mozos precisan espazos nos que se recoñecer e se expresar afectiva e emocionalmente”, sinalan desde o grupo.
De feito, a exhibición do espectáculo leva consigo varias propostas pedagóxicas, como a enfocada para os centros educativos, un taller dirixido ás familias ou un xogo escénico ao final do espectáculo.

Emocións a través da danza no espectáculo “Emoticores” da compañía Las Tricotouses

Te puede interesar