Os grupos profesionais abren o ciclo escolar “Teatro con G”

Os grupos profesionais abren o ciclo escolar “Teatro con G”
O programa impulsado desde a Coordinadora de Equipas de Ferrolterra prolongarase ata xuño | daniel alexandre

Coa obra “As fabas máxicas” de Caramuxo Teatro onte botou a andar no Jofre unha nova edición do ciclo “Teatro con G” impulsado desde a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra co apoio do Concello de Ferrol. Hoxe será a quenda para a peza “Rubicundo”, dos Ghazafelhos. Dúas obras máis –”Cousas”, de Quinquilláns Teatro o 16 de maio e “Iriña Bailarina”, de Ghazafalhos o día 22– completarán as representacións a cargo de compañías profesionais, para a continuación ceder o protagonismo aos grupos creados nun total de once centros educativos da comarca. Estes representarán, ata o vindeiro mes de xuño, un total de 19 obras ante a presenza de compañeiros doutros colexios e institutos. A intención do ciclo é conseguir, por medio do teatro, máis espazos de socialización onde os nenos poidan desenvolverse en lingua galega.

Os grupos profesionais abren o ciclo escolar “Teatro con G”

Te puede interesar