O Jofre encherase para recibir o domingo ó actor Berto Romero

O Jofre encherase para recibir o domingo ó actor Berto Romero
Copia de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-a20073b2

O actor Berto Romero presentarase o domingo no Jofre, nunha nova actuación do ciclo de monólogos que comezou este outono no teatro. Dará a coñecer “Sigue con nosotros”, unha proposta que estreou en Barcelona o pasado febreiro e coa que está a percorrer con éxito os principais escenarios da Península.
“Berto volveu”, explican os promotores do espectáculo. “Agora é un pai responsable, un cómico respectado e está acadando a madurez”, e as experiencias positivas do seu paso ós corenta quéreas compartir co público. O propio Berto Romero é autor do guión, xunto con Rafael Barceló, e tamén dirixe, compartindo esta función con Miguel Company. Non faltará no espectáculo música e baile.
A función comezará ás oito da tarde e as entradas teñen un prezo de 15 e 18 euros. Aínda quedan asentos libres, aínda que están a piques de esgotarse as localidades.
O ciclo de monólogos que se desenvolve no teatro Jofre comezou hai uns días con Goyo Jiménez e seguirá en decembro con Leo Harlem e Dani de la Cámara. As entradas están á venda.

O Jofre encherase para recibir o domingo ó actor Berto Romero

Te puede interesar