Trala elaboración onte dun mural sobre medioambiente, o programa de actividades organizado polo Concello de Narón co gallo do Día Internacional da Biblioteca, continuará hoxe, ás 20.00 horas, co concerto de Xoán Curiel. Este achegará á Axencia de Lectura Municipal da Gándara o seu espectáculo “Pobre poesía”, no que pon voz a varias poetas, maioritariamente galegas mais tamén doutros países como Portugal ou Brasil.
A xornada central para conmemorar a efeméride terá lugar mañá, durante todo o día, na Praza de Galicia, no Alto do Castiñeiro.
Alí permanecerá instalada unha gran carpa –aberta de 11.00 a 14.00 e desde as 17.00 e 20.00 horas– baixo a que se sucederán as actividades previstas, dirixidas a todo tipo de público.
Ás 12.00 horas terá lugar un contacontos para bebés de Raquel Queizás para ás 13.00 horas desenvolverse un obradoiro infantil con Atenea García.
O concerto da Banda do Garaxe (17.00 horas) e o taller de ilustración con Babaluva (18.00 horas) completarán a programación.
As actividades continuarán durante os vindeiros días co “Trocolibro” (de luns a sábado da vindeira semana) ou un contacontos o día 26 con Caxoto.