A empresa que repara os baches esgotou o seu orzamento en maio

O Concello de Ferrol tentará impulsar unha cuadrilla de traballo con funcionarios locais para reparar as deficiencias viarias máis graves (baches, losetas soltas, etc.). Tamén se prevé a compra de material para facer fronte a estes traballos. O alcalde fía estas actuacións a que saia adiante a modificación de crédito que se levará ó pleno mañá venres. 
Ademais, explicou Suárez que existen limitacións polo contrato asinado pola anterior corporación coa empresa Misturas, mentres estea vixente. “Non hai fondos dispoñibles. A empresa privada que xestiona estas reparacións xa en maio esgotou todo o orzamento de 550.000 euros anuais”, asegurou o rexedor ferrolán.

A empresa que repara os baches esgotou o seu orzamento en maio

Te puede interesar