O Ateneo Ferrolán prepara unha nova edición da Mostra de Curtametraxes

Copia (2) de Diario de Ferrol-2017-10-23-019-438e99d3
|

Co obxectivo de dar a coñecer ao público a calidade e varieadade das curtametraxes, sobre todo as galegas, o Ateneo Ferrolán organizará entre o 20 e 22 de decembro a XVII Mostra.

Os interesados en participar nestas xornadas terán que achegar os seus traballos de menos de 20 minutos en formato DVD acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do 1 de decembro.

Programa

Durante os tres días do programa, amosaranse as creacións dos cineastas participantes, case sempre noveis, contribuíndo deste xeito á difusión da cultura cinematográfica en formato curto, “para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público”, segundo salientan desde a propia entidade cultural ferrolá.

Esta mostra conseguiu converterse nunha cita de referencia no calendario anual, tal e como o demostra a excelente resposta de público e participación.

O Ateneo Ferrolán prepara unha nova edición da Mostra de Curtametraxes