As Meninas de Canido conclúen dúas intensas xornadas de actividades

As Meninas de Canido conclúen dúas intensas xornadas de actividades
Meninas de Canido y Zumba

As chuvias matinais fixeron temer o peor, pero afortunadamente o clima deu tregua a as paredes de Canido foron transformándose en imaxes pictóricas das populares “meninas” e completándose con actividades que encheron de vida o popular barrio ferrolán.
A xornada de onte, tralo susto da chuvia, veu como uns 70 artistas sacaban os seus pinceis e botes á rúa para decorar outras tantas paredes de edificios abandonados do barrio e durante todo o día pintaron e retocaron uns traballos que decoran por quinto ano o barrio. En canto ao programa, ao mediodía o estudio de danza Allegro puxo en pé un zumba solidario, no que os participantes, moi novos na súa maioría, debían donar productos á asociación benéfica Dignidade, do barrio. Entre pinceles e pintura, foron desfilando a actuación de folk con Óscar Fernández e Antón Varela, o grupo Lenda Ártabra e a pinchada do locutor da Radio Galega Moncho Lemos.
Xa pola tarde a actividade continuou cun obradoiro de marcapáxinas, un festival de poesía e música con varias actuacións musicais e de danza. Xa pola noite houbo proxeccións de curtametraxes e as actuación de grupos tan distintos como Ardóbriga e Familia Caamagno. Unha concorrida cita á que puxo remate o DJ Karlangas.
Foron dous días de numerosas propostas en diferentes espazos do barrio de Canido que este ano vai loitar pola candidatura para que a denominada “Ruta das Meninas” sexa declarada como Itinerario Cultural Europeo que, en palabras da concelleira de Turismo María del Carmen García Fraga “é o noso obxectivo para o 2015”. Coordinada polo artista Eduardo Hermida, a cita estivo organizada pola asociación Estrela de Canido, Eau et Lumière e o Concello de Ferrol. n

As Meninas de Canido conclúen dúas intensas xornadas de actividades

Te puede interesar