Novacaixagalicia abre un ciclo de cine sobre personalidades a través da historia

Novacaixagalicia abre un ciclo de cine sobre personalidades a través da historia
Copia de Diario de Ferrol-2014-03-17-005-cab3ece3

Ás 20.00 horas, o Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia en Ferrol presentará o primeiro filme do novo ciclo de cine titulado “Personaxes que cambiaron a historia na gran pantalla”, que poderá verse nos próximos luns alternos con entrada libre.
A proposta cinematográfica de Phyllida Lloyd de 2011, “A dama de ferro”, interpretada pola actriz Meryl Streep será a encargada de iniciar estas xornadas cinéfilas. A cinta, enmarcada no xénero do biopic, narra a biografía da que fora primeira ministra británica nos anos 80, líder do partido “tory” e, canda Ronald Reagan e Xoán Paulo II, a protagonista da revolución conservadora no mundo naquela altura. Streep fai unha interpretación que lle valeu unha nova nominación ao Oscar.

programa
O programa do ciclo cinematográfico “Personaxes que cambiaron a historia na gran pantalla” continúa o próximo luns 24 coa cinta “Gandhi”, a exitosa longametraxe de Richard Attenborough protagonizado por Ben Kingsley sobre a vida do líder indio do pacifismo que logrou oito Oscar. A continuación, o 31 de marzo, a longametraxe elixida é a película alemá “O afundimento, a impactante recreación realizada por Oliver Hirschbiegel, e protagonizada por un soberbio Bruno Ganz, sobre os últimos días de Hitler no búnker dun Berlín cercado polos bombardeos onde se acabaría suicidando en abril de 1945.
O 7 de abril a elixida é a británica “Becket”, de Peter Glenville, sobre o arcebispo de Canterbury do século XII, protagonizada por Richard Burton e Peter O´Toole.
Finalmente, o ciclo histórico en Novacaixagalicia despídese o 14 de abril da man de “Lincoln”, a aproximación que o director Steven Spielberg fixo en 2012 sobre a figura do presidente norteamericano nos seus últimos anos, e que lle valeu a Daniel Day-Lewis un novo Óscar.

Novacaixagalicia abre un ciclo de cine sobre personalidades a través da historia

Te puede interesar