Convocan o Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

Convocan o Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
Premio de Poesía Pérez Parallé en el CMI de Fene

O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, en colaboración co Concello, a editorial Espiral Maior e a Deputación da Coruña convoca unha nova edición do Premio de Poesía Pérez Parallé, dedicado desde hai un anos a descubrir novos valores líricos para a literatura galega. Inclúe como recompensa a publicación da obra na editorial que dirixe Fernán-Vello (cunha tiraxe de 600 exemplares), unha gratificación económica de 1.000 euros (o dobre que ata o de agora, aínda que suxeito a impostos) e tamén unha escultura realizada por Francisco Pérez Porto, fillo de Pérez Parallé.
O prazo para presentar os orixinais está aberto e remata o 30 de setembro. Os requisitos que se piden desde a organización inclúen non ter publicado ningún libro individual de poesía (non están comprendidas neste apartado as edicións de autor), empregar o idioma galego e ter unha extensión mínima recomendada de 300 versos, aínda que será o xurado quen teña a potestade de decidir o que se considera “libro”.
Os textos deben enviarse por triplicado, debidamente encadernados e acompañados por un lema que remita a un sobre cos datos persoais, ó Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, co enderezo Porto do Río, 21, San Paio, Fene (A Coruña).
O xurado escollerá un único libro como gañador pero poderá deixar constancia do valor de outros que considere destacables para ser publicados, aínda que sen facer mención ós nomes dos autores. A entrega do premio está prevista nas bases para o 15 de novembro nas instalacións fenesas.

gañadores
O Pérez Parallé dedícase desde o 2005 a lanzar a carreira poética de autores que non tiñan obra publicada neste xénero, a través de Espiral Maior. Mario Regueira (“Tanxerina”), Xiana Arias (“Ortigas”), Valentina Carro (“Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina”), Susana Sánchez Aríns (“[de]construçom”), Ramón Neto (“A estación única dunha illa”), María Rosendo (“Nómade”), Lorena Souto (“Fase de trema”), Marisol Gándara (“Ata o corazón da mazá”) e Francisco Cortegoso (“Memorial e danza”) gañaron desde entón. n

Convocan o Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

Te puede interesar