A biblioteca de Ferrol dá o salto para equipararse ás das outras cidades

A biblioteca de Ferrol dá o salto para equipararse ás das outras cidades
Taller Infantil en la Biblioteca

A biblioteca da praza de España ten desde o mes de marzo o visto bo do Consello de Cooperación Bibliotecaria para converterse en centro nodal, como o son agora as das catro capitais de provincia, xunto coa de Santiago e a de Vigo. Esta categoría recoñécelle a súa función vertebradora nunha ampla área de influencia e achégalle novas inversións autonómicas para as súas actividades. Esta nomenclatura, porén, non se fixo aínda efectiva e haberá que agardar a que se aprobe o novo Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia (previsiblemente cara a finais de 2015) para coñecer o deseño da rede bibliotecaria galega. Este mapa realízase de acordo coa Lei de bibliotecas de Galicia, do ano 2012, que marca novas nomenclaturas e redefine as funcións. Non haberá que esperar tanto para que o centro da praza de España teña o recoñecemento institucional, xa que a Consellería de Cultura vén de anunciar un orzamento de 40.000 euros co que equiparar os investimentos que se fan noutras cidades.
“A biblioteca de Ferrol, que lles ofrece os seus servizos a máis de 70.000 habitantes, está a desenvolver un labor bibliotecario que supera o da súa tipoloxía actual. Na actualidade, presta todos os servizos que a Lei de bibliotecas de Galicia lle asigna a unha biblioteca coa tipoloxía de central territorial”, recoñecen desde o departamento autonómico.
A lei de 2012 establece distintas tipoloxías, entre as que están as bibliotecas centrais territoriais, as centrais municipais, as de proximidade, as locais e as móbiles. As primeiras “préstanlle servizos bibliotecarios integrais ao territorio no que están asentadas e coordinan e préstanlle servizos de asesoramento, préstamo interbibliotecario e soporte técnico á rede de bibliotecas de ámbito inferior”. Como consecuencia recibirán máis axudas e investimentos que colaboren a cumprir esta función.
Na práctica isto debería reflectirse na mellora dos fondos bibliográficos e documentais e na realización de máis actividades de dinamización da lectura. Para este fin son os 40.000 euros do convenio que se asinará co Concello de Ferrol. n

A biblioteca de Ferrol dá o salto para equipararse ás das outras cidades

Te puede interesar