O Consello Escolar Municipal acorda estudar a posibilidade dun convenio co Secretariado Xitano

O Consello Escolar Municipal do Concello de Ferrol, celebrado na tarde do xoves, concluíu, entre outras cuestións, co acordo e o compromiso da concelleira de Educación, Susana Martínez Galdós, de estudar a posibilidade de establecer un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano. Trátase dunha proposta xa prantexada nalgunha ocasión por parte dos colexios públicos da cidade, nun intento de cubrir as necesidades, sobre todo formativas, das familias desta etnia, coa realización de campañas e actividades como poden ser as dirixidas contra o abandono prematuro das aulas. O convenio coa devandita fundación funciona xa no Concello de Narón, onde está a colleitar bos resultados. Neste sentido, en vindeiras datas a edila de Educación reunirase con representantes do colectivo así como con docentes da zona.
Outra das cuestións que se solicitou no decurso da sesión do órgano consultivo foi a creación dunha comisión que se encargue de elaborar un estudo sobre o mapa de áreas de influencia dos centros, co obxectivo de que este beneficie a todos por igual.
Desde o PSOE local instouse  ao goberno a poñer en marcha un dispositivo de seguridade na entrada e saída dos centros escolares así como a constitución duha comisión para o seguimiento do absentismo escolar.

O Consello Escolar Municipal acorda estudar a posibilidade dun convenio co Secretariado Xitano

Te puede interesar