O castelo de Andrade será hoxe escenario dun festival folk

|

O castelo de Andrade, na parroquia eumesa de Nogueirosa, será hoxe o escenario do festival folk organizado pola Asociación Xente de Aquí e Acolá. Haberá actividade todo o día. Desde as 11.00 haberá exposición e venda de artesanía con obradoiros para nenos. Pola tarde, desde as 16.30 horas, haberá actuacións musicais e teatrais por parte de diferentes agrupacións. Ás 21.00 horas dará comezo o concerto cos grupos Airiños de Fene, Alén de Ancos, A requinta da Laxeira e Tanto nos Ten.

O castelo de Andrade será hoxe escenario dun festival folk