Juan López, mención de honra no Jesús Núñez

Juan López, mención de honra no Jesús Núñez
juan lópez, en sargadelos, nunha das súas exposicións

O artista ferrolán Juan López foi destacado polo xurado do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, convocado pola Deputación da Coruña, cunha das dúas mencións de honra que concede. Subliñaron a calidade da súa obra “Distopía”. Este recoñecemento destaca o seu traballo de entre 235 creacións que se presentaron ó concurso (unha das máis altas da historia do certame).
López expuxo este mesmo ano no Centro Torrente Ballester de Ferrol, e con anterioridade, en tres ocasións, na galería Sargadelos, que nun comunicado felicítao publicamente por este recoñecemento. Tamén participou nunha mostra colectiva no Ateneo, ou na sala de exposición do Colexio de Arquitectos de Galicia na cidade.

galardón
O Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez gañouno nesta ocasión o artista Luis Rosado, cunha obra sen título realizada con técnica xilográfica. Os dous accésits foron para Birgit Fiedler e Desislava Hristova. A mención de honra, xunto con López, foi parar ó creador Ovidiu Batista.

Juan López, mención de honra no Jesús Núñez

Te puede interesar