Os nenos asumen o protagonismo na mantenza e difusión do idioma

Os nenos asumen o protagonismo na mantenza e difusión do idioma
avv pazos d�a das letras galegas

Boa parte das celebracións do Día das Letras Galegas teñen ós nenos como protagonistas. Así é no caso dos concursos literarios para rapaces, que adoitan entregarse nestas datas, ou de todo tipo de actividades culturais nas que os pequenos teñen un importante papel. Onte mesmo, en Pazos, na celebración institucional ferrolá, na que participan tódolos veciños da zona rural, foron os cativos os encargados de facer unha semblanza de Xosé María Díaz Castro. Houbo tamén teatro con O Maxolo e música coa rondalla de mulleres de Santa Uxía de Mandiá. Falou ademais o alcalde, José Manuel Rey Varela, quen aproveitou a ocasión para pedir de novo o Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero. 
En Pontedeume entregáronse os premios do XXIV Concurso de Relatos Vila de Pontedeume, que gañou Laura Calvo González (de Cesuras), con “Tras fiestras alleas”.  Obtivo unha recompensa económica de 600 euros. Ademais o xurado, formado por Agustín Fernández Paz, Esther Leira, Cristina Fraga e Brias Rey, destacou o conto “As pantasmas”, de Alba Sofía Naseiro Lamas, de Vilalba. O acto de entrega foi no Torreón, seguido por unha actuación do grupo Orballo.
En Ares os premios do certame de relatos curtos para rapaces da ESO entregáronse o venres á tarde. Gañou Carlos Bello Pita coa obra “O que foi de Jimmy Sparks”, quen recibiu por iso unha tableta. Os finalistas foron Ana Martínez Fernández con “As sombras dos templarios” e Raquel Pérez Rivera con “A casa da familia March”. As dúas recibiron senllos MP4. Fíxose unha mención especial ós textos de Marta Rumbo Hermida, Margarita Ferreiro Castillo e Marta Pérez Rey.
Tamén os nenos foron protagonistas en Cerdido. No colexio houbo unha función de Ghazafelhos e ademais a alcaldesa entregoulles a todos un libro. n

Os nenos asumen o protagonismo na mantenza e difusión do idioma

Te puede interesar