A brasileira Tamara Bezerra protagoniza a primeira sesión do Festival Atlántica en Ferrol

A brasileira Tamara Bezerra protagoniza a primeira sesión do Festival Atlántica en Ferrol
diario de ferrol-9999-99-99-999-24627c19-p

O Festival Atlántica de narración oral, que se desenvolve por diferentes cidades e localidades galegas, aterra hoxe e mañá en Ferrol para achegar ao público catro funcións protagonizadas por dous contadores de historias, a brasileira Tamara Bezerra e o camerunés Boniface Ofogo.

A primeira será a encargada de abrir hoxe o cartel do programa cunha sesión prevista para as 18.00 horas na Biblioteca Municipal. Trátase dunha función para o público infantil, que poderá gozar de contos brasileiros de tradicional oral, englobados todos eles no espectáculo “Bechos brasileiros”.
A continuación, ás 20.30 horas no centro cultural Torrente Ballester, Bezerra volverá actuar, neste caso para o público adulto coa proposta “Mulheres que ensaboam palavras”.
Mañá venres será a quenda para Boniface Ofogo, que tamén ofrecerá unha doble función. Ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal, achegará aos pequenos o espectáculo “O león Kandinga”, que forma parte da inesgotable tradición oral dos bantú, unha tribo que vive nas sabanas e selvas africanas.

Ás 20.30 horas trasladarase á capela do centro cultural Torrente Ballester para narrar ao público adulto “Contos eróticos africanos” nunha incursión ao mundo erótico do África tradicional, que non está exento de humor, de picardía e dun sentido moi avanzado da sexualidade.
As entradas para todas estas citas son totalmente gratuítas, previa retirada das invitacións.
Atlántica, o Festival Internacional de Narración Oral, pretende ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista.

A brasileira Tamara Bezerra protagoniza a primeira sesión do Festival Atlántica en Ferrol

Te puede interesar