O grupo municipal do BNG demanda que se dea resposta á situación das zonas verdes do barrio do Bertón, que están “abandonadas e cubertas de maleza”, e tamén ao parque para cans. “Temos que lamentar que, unha vez máis, esta zona da cidade volve quedar excluida dos traballos de mantemento e conservación de zonas verdes”.
Explican desde a formación nacionalista que o contrato de limpeza de parques e xardíns que procedía do mandato do Partido Popular foi prorrogado en 2017 polo goberno de Ferrol en Común e que, nel, quedaba excluido o Bertón. “Agora con Ángel Mato á fronte segue igual”, afirma o BNG. “O último contrato municipal para a conservación desta zona leva meses caducado sen que desde o goberno local se teña ningún tipo de previsión de actuar”, engaden.
O BNG considera que “hai que rachar coa dinámica actual” e “apostar por facer unha xestión directa deste servizo”, sen ter que aterse a que as zonas estean ou non incluidas no prego e sen recorrer a contratos menores. l