As axudas de compensación ambiental chegan a nove municipios coruñeses

As axudas de compensación ambiental chegan a nove municipios coruñeses
A parroquia de Salto é unha das que estreou beirarrúas | quintana

A través da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cerca dunha decena de municipios das comarcas de A Coruña e Betanzos recibiron este ano axudas do Fondo de Compensación Ambiental por máis de trescentos mil euros.
As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndenlles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dun polígono de delimitación dun parque eólico ou que están afectados por a correspondente instalación de conexións ou vías de evacuación. As axudas están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, o impulso da eficiencia, o uso sostible de enerxías renovables e a restauración do medio ambiente.
As obras realizadas con cargo a este Fondo máis destacadas –tanto de concorrencia competitiva como de non competitiva– son as desenvolvidas para mellorar o servizo de saneamiento e recollida de pluviais no municipio de Oza-Cesuras. Os traballos tiveron lugar en catro zonas del concello que non contaban con estas infraestruturas. En concreto, o lugar de Baldrís e as parroquias de Salto, Cines e Mandaio teñen nova rede de pluviais. Igual que os lugares de Salto, dos máis poblados do extinto municipio de Oza dos Ríos, que estrean rede de saneamento e contan cun ramal dunha lonxitude de cerca de 900 metros e a súa conexión coa depuradora do lugar de Porto, en Cines.

Saneamento e beirarrúas
Estas actuacións, as de máis contía das realizadas nas comarcas de A Coruña e Betanzos, continúan a liña das que se desenvolveron con cargo ás axudas do Fondo de Compensación o ano pasado, cando xa se fixeran obras de implantación de saneamiento e pluviais en distintos puntos do concello.
Os traballos subvencionados por Vicepresidencia en Oza-Cesuras complétanse este ano coa construción de beirarrúas que facilitan o movemento dos veciños da zona no lugar de Baldrís e as paroquias de Salto, Cines e Mandaio.
No resto da comarca de Betanzos, a máis beneficiada polas aportacións autonómicas, Curtis foi protagonista de dúas actuacións: en solitario acometeu a renovación de alumeado público na rúa de Crego Francisco Correa e outros puntos do municipio de de forma conxunta con Sobrado e Vilasantar desenvolviu un proxecto ambiental.
Coirós e Irixoa realizaron melloras na rede de iluminación pública, en Queirís no primeiro caso e no lugar de Altos de Verís no segundo.
Pola súa banda, Aranga levou a cabo a ampliación de traída de augas municipal na parroquia de Fervenzas.
O Consorcio As mariñas tamén resultou beneficiado polas axudas do Fondo de Compensación Ambiental e recibiu 30.000 euros para a supervisión e vixiancia do servizo de recollida, transporte e tratamento dos residuos sólidos urbanos.
Na comarca da Coruña, Arteixo e Carral empregaron a aportación autonómica para adquirir equipamento para control ambiental e unha desbrozadora para actividades de conservación e protección ambiental, respectivamente.
En 2016, os máis de trescentos trinta mil euros do Fondo de Compensación Ambiental permitiu desenvolver oito proxectos na área metropolitana herculina. Ademáis do xa mencionado de Oza-Cesuras, Curtis e Sobrado realizaron una actuación ambiental conxunta; Irixoa, Aranga, Monfero e Vilarmaior, tamén en conxunto, puxeron en marcha a súa brigada ambiental; Vilasantar lavo a cabo servicios de protección do medio ambiente; Aranga adquiriu un todoterreno e unha desbrozadora; Arteixo comprou equipamento para control ambiental; e Curtis e Irixoa melloraron a eficiencia energéxita da luz pública.

As axudas de compensación ambiental chegan a nove municipios coruñeses

Te puede interesar