Xogos e moita música ao pé do Río Castro

Xogos e moita música ao pé do Río Castro
O festival incluíu actividades durante toda a xornada daniel alexandre

A reivindicación da cultura, o respecto polo medio ambiente e a recuperación do espírito das romarías campestres de antano. Con estes obxectivos, e co de gozar tamén dunha animada xornada de festa, celebrouse onte na parroquia de Naraío, en San Sadurniño, o XXIII Festival do Río Castro.
Baixo a organización da Asociación Veciñal O Castelo, a cita congregou, con xa vén sendo habitual nestas máis de dúas décadas de vida, a centos de persoas dispostas a disfrutar do intenso programa deseñado para a ocasión.
Houbo merendas, xogos tradicionais da man da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e música, moita música. A Gramola Gominola, Pesdelán, Zurrumalla, Cuchufellos e Quenpallou animaron así o ambiente neste xa tradicional festival de Naraío.

Xogos e moita música ao pé do Río Castro

Te puede interesar