Chévere regresa ao Pazo da Cultura de Narón coa crítica “Eurozone”

Chévere regresa ao Pazo da Cultura de Narón coa crítica “Eurozone”
Copia de Diario de Ferrol-2014-05-23-016-48b14e0e

Tras escenificarse en Ferrol hai un par de semanas, hoxe ás 20.00 horas chega a compañía Chévere ao Pazo da Cultura de Narón coa multipremiada “Eurozone” (que logrou catro Premios María Casares na súa última edición, incluído o de mellor espectáculo). A propia compañía define a proposta como “unha farsa teatral sobre a crise da zona euro, sobre o fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora, sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar cada certo tempo, sobre unha clase dirixente que só exerce o poder no seu propio beneficio, sobre o secuestro da democracia por parte do sector financeiro. ‘Eurozone’ alimentouse da nosa perplexidade como cidadáns, da nosa impotencia, da nosa carraxe e da necesidade de desafogar a ira en forma de humor”.  
Dirixida por Xavier Ron, “Eurozone” está interpretada por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Borja Fernández e Pepe Penabade. A obra está recomendada para maiores de 14 anos, a súa duración e de unha hora e media  e o prezo da entrada é de 9,50 euros, 6,65 para abonados. n

Chévere regresa ao Pazo da Cultura de Narón coa crítica “Eurozone”

Te puede interesar