Limodre prepárase para unha nova edición da Invasión Vikinga á praia do Río Sandeo

Limodre prepárase para unha nova edición da Invasión Vikinga á praia do Río Sandeo
desembarco Vikingo en Rio Sandeo

Os vikingos volverán facer das súas na parroquia fenesa de Limodre. Este será un ano máis o escenario dunha celebración seguida edición tras edición por moitas persoas dispostas a tomar partido nunha incursión que, como é habitual, saldarase co “secuestro” dun veciño.


A actividade desenvolverase entre dúas praias próximas, separadas por tan só uns cincocentos metros. O punto de partida será a de Río Castro, desde onde a partir das 18.00 horas sairán os invasores para “tomar” o areal veciño. Alí haberá tempo para a diversión, xa que está programada unha festa da escuma, acompañada por música e batalla animada pola Guagua.


Logo disto, os participantes regresarán de novo a Río Castro, donde a actividade continuará ata que o corpo aguante.

Cea
O primeiro de todo será repoñer forzas logo da intensa xornada de invasión, para o que a organización preparará unha cea na que será preciso apuntarse previamente (as prazas son limitadas). As inscricións teñen que facerse no Bar Emigrante. O prezo é de 20 euros e incluirá bolo preñado, churrasco, postre e café. Irá incluida tamén unha camiseta conmemorativa da festa.


A sesión gastronómica contará tamén co acompañamento de música, da que se encargará o grupo Pasión e a formación Malditos Pendejos.

Será todo a partir das dez da noite, unha noite que chegará ao seu término logo dunha sesión de dj. A xornada está organizada pola Asociación de Vikingos de Río Castro, que desde hai uns cinco anos celebra a cita en solitario –anteriormente desenvolvíase conxuntamente cos piratas de Redes, polo que se desenvolvía entre a parroquia fenesa e a aresana–.

Limodre prepárase para unha nova edición da Invasión Vikinga á praia do Río Sandeo

Te puede interesar