Armental: “Eu estaría disposto a xogar en xuño ou cando sexa”

“En xuño ou cando sexa”. Adrián Armental teno claro, dende o seu retiro en Ribeira, o xogador racinguista amósase, como a maioría dos seus compañeiros, favorable e partidario a que a competición en Segunda División B volva e poda concluir no seu formato habitual, cando a pandemia remita e o estado de alarma se teña levantado

É, ao seu entender, o máis xusto para resolver unha tempada na que “na miña opinión, fuxindo dos intereses de cada clube e pensando no que máis nos gusta, que é o fútbol, se é posible a liga debería rematar, porque é no terreo de xogo onde hai que decidir se se acadan os obxectivos de cada equipo”.

Un hipotético panorama que non cre que beneficiaría a ningunha escadra sobre outra, “porque todos imos voltar nas mesmas condicións”, de feito, non dubida que “ninguén sae beneficiado disto porque a todos nos gustaria seguir xogando e rematar a competición no periodo establecido”. E facelo, evidentemente, “con público, porque o fútbol sen xente non é futbol”.

O xogador so pon un requisito para volver á ación: “que o virus se supere” porque, en caso contrario, “sería un risco voltar a xogar. Estamos falando de saúde, que é o máis importante. Día a día vemos que o virus estase a trasmitir rapidamente e de maneira moi fácil, e máis nun deporte de contacto como o fútbol”.

Nun escenario tan novidoso como o actual, no que hai que pensar “no día a día” e sen esquecer que a realidade “é moi triste e hai xente sufrindo e morrendo”, o fútbol, como case todo o accesorio, ten que “pasar a un segundo plano”. Por iso, Armental non vería axeitado supeditar que os futbolistas poidesen retoma-la súa actividade logo de someterense a test para determinar se sofren o Covid-19, porque “aínda que é unha posibilidade, quizais outros estractos da poboación necesiten máis esos test ca nos. Ademais, é evidente que se un xogador da positivo, debería estar illado, non podería xogar. Pero, e se iso ocorre nun equipo e a metade da plantilla da positivo...? É un tema complicado”, razoa.

Por iso, ó final, todo se reduce ó mesmo: “O importante é que ninguén teña problemas de saúde”.

Rutinas

Mentres que agarda que se resolva a situación e que as autoridades competentes tomen a que califica coma unha “difícil decisión”, Adrián Armental trata de mante-la forma coas rutinas de adestramento que o club remitiu ós xogadores. “É imposible non perder a forma física nesta situación, pero intento que sexa o menos posible”, recoñece.

O obxectivo non difire demasiado do seu plantexamento habitual: “Axudar sempre no que poida. Xogar máis ou menos é unha decisión que non depende de min. O que si depende é tentar estar sempre con boa actitude para axudar cando se me precise”, di l

Armental: “Eu estaría disposto a xogar en xuño ou cando sexa”

Te puede interesar