O Concello de Ferrol recoñece o talento artístico da mocidade

O Concello de Ferrol recoñece o talento artístico da mocidade
Los premiados posaron con sus respectivos galardones en los momentos finales de la gala | daniel alexandre

O acto de entrega dos Premios Lidera 2017, celebrado onte no centro cultural Torrente Ballester, serviu un ano máis para resaltar a creatividade, a iniciativa, a capacidade de traballo e a ilusión da mocidade ferrolá no desenvolvemento da creación en diferentes disciplinas artísticas e audiovisuais.
Os gañadores nas sete categorías establecidas, estruturadas en diferentes grupos de idade, recolleron os seus galardóns nun certame presidido polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez e pola concelleira de Mocidade, Saínza Ruíz, e amenizada pola banda local “Superglu”.
O certame, con premios entre 600 e 80 euros– quere tamén contribuír á promoción destes mozos, das súas obras e do seu talento. A reunión do xurado que determinou o nome dos gañadores tivo lugar o pasado mes de decembro. Entre os requisitos para poder tomar parte na convocatoria se incluía ser nado en Ferrol, empadroado na cidade e cursar estudos tamén en Ferrol.

O Concello de Ferrol recoñece o talento artístico da mocidade

Te puede interesar