Sari Alabau: “Nós podemos empurrar pero o futuro hai que miralo cos novos”

Sari Alabau atesoura unha traxectoria de reivindicación de liberdade e compromiso ético desde os anos 70 que nos últimos tempos, xa xubilada, se plasma no seu traballo como docente voluntaria en Caranza e na directiva de Asfedro. Recibe a homenaxe do Concello de Ferrol “un pouco abraiada” e “con moita honra”, aínda que tamén “un pouco nerviosa porque son tímida de condición e, aínda que toda a miña vida tiven actividade pública, cóstame”.
Alabau defende que este recoñecemento personalízase nela pero correspóndelle “ó conxunto, ó colectivo”, desde o cal “faise posible que haxa cambios”.
Ela entrou en contacto coa resistencia á ditadura na Universidade de Valencia nos anos 60. Foron tempos “de moita actividade e moita ilusión” na que as xeracións daquela novas saltaron dificultades e viviron momentos históricos, tamén aquí en Ferrol, a onde chegou nos 70. Despois de acadar a democracia “houbo ás veces pasos adiante e atrás, pero penso que nesta última etapa foron todos para atrás”, e refírese á “Lei Mordaza”, que “criminaliza á xente que defende os seus dereitos”.
Ten esperanzas Alabau no futuro da cidade, que pasa pola carga de traballo no naval e a diversificación para frear a emigración e o avellentamento. “Nós podemos empurrar pero somos o pasado; o futuro teñen que miralo os novos”. n

Sari Alabau: “Nós podemos empurrar pero o futuro hai que miralo cos novos”

Te puede interesar