José Sacristán abrirá en Narón o Festival do Monólogo Teatral

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a actriz e produtora Mercedes Castro, presentaron onte no Café Teatro do Pazo da Cultura o programa da quinta edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que terá lugar entre o 7 e o 28 de marzo.

A primeira das citas estará protagonizada polo actor Jose Sacristán, que chega ao municipio coa peza “Señora de rojo sobre fondo gris”.

María Barcala (con “Helena, xuízo a unha lurpia”, o 13 de marzo); Ángela Mourao (“Olympia”, día 14); Déborah Vujusic (“Guerra de identidade”, día 20); Alberto San Juan (“Autorretrato de un joven capitalista español”, día 21); Iria Sobrado (“O estado cru”, 27 de marzo); e Dayana Contreras (“La ciudad de las damas”, día 28) irán sucedéndose no escenario naronés no marco dun festival que incluirá outras actividades paralelas, como unha mesa redonda sobre a circulación internacional de espectáculos teatrais; un coloquio arredor do Festival Mueca; un obradoiro; e o “Singulariño”, a través do que se desenvolverán espectáculos por parte da Escola de Teatro en diferentes establecementos da cidade.

Un ano máis, a creación feminina terá especial protagonismo nun programa que conta coa colaboración de Redelae, Agadic, A Xunta e a Deputación.. l

José Sacristán abrirá en Narón o Festival do Monólogo Teatral

Te puede interesar