A Plataforma Medalla de Galicia a Andrés Do Barro reclama xustiza para a súa memoria

A Plataforma Medalla de Galicia a Andrés Do Barro reclama xustiza para a súa memoria
actuación do cantante en ferrol en abril de 1970

Desde hai uns días as redes sociais están aínda máis activas. Unha plataforma en Facebook reclama que se lle dea ao cantante ferrolán Andrés Do Barro (1947-1989) a Medalla de Galicia a título póstumo. En carta enviada aos medios polo padronés Fernando Castaño, se lle solicita á Xunta esta mención “pola súa aportación á música e á lingua galega e por ter sido o máximo expoñente en difundila polo mundo adiante no seu día”. O impulsor da iniciativa cre que así se logrará “facer xustiza hacia o seu nome”.

 

agradecemento

Castaño comenta: “Os que admiramos en vida a Andrés Do Barro aínda seguimos reclamando xustiza coa súa memoria, ano tras ano, dende o fatídico día en que nos deixou para sempre. Alguén ten que facer algo para devolvelo dunha vez por todas o moito que fixo por Galicia, polo noso idioma, polos nosos costumes, pola súa xente, por toda a súa entrega á música desta bendita terra. Alguén influente, que teña o suficiente poder de convocatoria e poida deixar resolta esta débeda para con el”.

O impulsor da iniciativa prosegue: “Rememoro nostálxico aquí os últimos días de Andrés Do Barro connosco, cando o seu fiel e leal amigo Nonito Pereira, comentarista musical galego, ideou nos anos 80 para Andrés, e á súa medida, un programa de Radio de tres horas de duración, na Coruña, para axudar nos malos momentos económicos e psicolóxicos que atravesaba Do Barro, sendo xa o inxusto esquecido polos que lle abrazaron e palmearon falsamente as súas costas nos seus días de éxito. Falo da lendaria Radio Feliz, con aquel Andrés Do Barro e os seus Amigos onde el participaba persoalmente falando das súas cousas, en cuxo espazo tiven a sorte de colaborar humildemente con Pereira, e co propio cantante. Nonito, o seu gardián de soños, aínda segue impulsando e encirrando ‘A quen corresponda’ para que Andrés, o noso Do Barro de todos os galegos, teña a súa Medalla de Galicia, a merecida homenaxe que se lle ten que tributar xa, pero xa. Se aínda podemos seguir crendo e recoñecéndoo naqueles, aos que hoxe se lles honra con ela”.

Finalmente, acerca desta nova iniciativa para reivindicar a memoria do autor de “O Tren” e “Corpiño xeitoso”, Castaño comenta: “Dende esta misiva únome a Nonito Pereira. Á solicitude de xustiza cara á memoria de quen nos honrou sendo o primeiro cantante galego que lanzou os seus éxitos na nosa lingua por todo o mundo”.

 

A Plataforma Medalla de Galicia a Andrés Do Barro reclama xustiza para a súa memoria

Te puede interesar