A Universidade inviste no Campus como Honoris Causa ao catedrático John Worral

A Universidade inviste no Campus como Honoris Causa ao catedrático John Worral
John Worrall

A Universidade da Coruña incorporará hoxe un novo Doutor Honoris Causa ao seu Claustro de Honra co nomeamento do catedrático da London School of Economics John Worrall nunha cerimonia que terá lugar no salón de actos “Concepción Arenal” do Campus de Ferrol ás 12.00 horas.

O reitor, Julio Abalde, presidirá a investidura do catedrático do departamento de Filosofía, Lóxica e Método Científico. O catedrático da área de Lóxica e Filosofía da Ciencia Wenceslao J. González lerá a laudatio.

Worral, líder da corrente filosófica do “realismo estrutural” é un autor moi influínte en Filosofía da Medicina. Foi presidente da Sociedade Británica da Filosofía da Ciencia e editor do British Journal for Philosophy of Science, a revista máis prestixiosa de Filosofía da Ciencia a nivel internacional.

Xornadas

Worrall será ademais o encargado de abrir mañá xoves as XXV Xornadas sobre Filosofía da Ciencia organizadas polo Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía da Universidade da Coruña co apoio da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España.

O programa, que se prolongará ata a a xornada do venres no campus ferrolán, fará da UDC durante estes días a capital internacional da Filosofía da Ciencia polo máximo nivel dos conferenciantes que asistirán para celebrar o 25 aniversario deste congreso internacional da máis alta calidade académica, tal e como salientan desde a propia institución académica herculina.

A Universidade inviste no Campus como Honoris Causa ao catedrático John Worral

Te puede interesar