Selos, moedas e obxectos para interpretar o pasado no mar

Selos, moedas e obxectos para interpretar o pasado no mar
Centro Torrente Ballester inauguración da mostra do Círculo Filatélico e Numismático

Aberta ata o próximo día 28 de abril, o Círculo Filatélico e Numismático de Ferrol inaugurou onte a súa ampla exposición “A cultura naval no coleccionismo”. Un total de 38 paneis que falan do mundo do mar a través e da nosa historia a través de moedas, selos, billetes, vitolas de puros, postais, fotografías, sables, medallas, coitelos e todo tipo de obxectos susceptibles de seren coleccionados.
A entidade ferrolá, a decana de Galicia con 65 anos de historia e máis dun cento de exposicións abertas ao público as súas costas, amosa aquí ademais dos obxectos citados, entre os que pode verse unha moeda grega do século V a. C, imaxes moi pouco coñecidas como unha colección de fotografías feitas ao redor do traslado dos cañóns Vickers das vellas baterías da costa de Ferrol cara o monte de Mougá a finais dos anos 20 e comezos dos 30.
Tamén poden verse selos, postais de buques e trasatlánticos e diferentes obxectos dos fondos da entidade ou de socios da mesma, que axudan a comprender a relación dos seres humanos co mundo do mar e da evolución de barcos e obxectos con ela relacionados.
Ata o vindeiro día 28, o horario da exposición “A cultura naval no coleccionismo” será os luns de 17.30 a 20.30 horas y de martes a sábado de 11.30 a 13.30 horas. Os domingos o centro cultural está pechado.

Selos, moedas e obxectos para interpretar o pasado no mar

Te puede interesar