As mulleres, protagonistas dun novo proxecto do IES Saturnino Montojo

As mulleres, protagonistas dun novo proxecto do IES Saturnino Montojo
Copia de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-56399447

O Equipo de Normalización Linguística do IES Saturnino Montojo embarcouse este curso nun novo proxecto interdisciplinar centrado nesta ocasión na visibilización e posta en valor do papel e achegas das mulleres nos diferentes eidos da sociedade.

A proposta, artellada baixo o título “Nós tamén somos elas” e encardinada no programa “Donas de si” do Plan Proxecta da Secretaría Xeral de Igualdade, desenvólvese en galego. “Queremos que esta sirva de vehículo e instrumento para aquelas iniciativas que resulten interesantes para os membros da nosa comunidade educativa”, explican desde o centro.

A implicación dos diferentes departamentos tradúcese na realización de variadas e interesantes iniciativas que van desde as conferencias ás visitas guiadas, pasando por certames ou exposicións. Propostas todas elas coas que se “propicia a aprendizaxe colaborativa mediante proxectos que complementan os contidos das distintas materias e que nos enriquecen como persoas”, salientan desde o Equipo de Normalización Lingüística.

Exposición

Precisamente esta semana, o instituto ferrolán recibiu a visita  da avogada e decana do Colexio de Avogados de Ferrol, Nieves Santomé, que impartiu unha charla sobre “A muller no mundo laboral” no decurso da cal, entre outras cuestións, salientou a importancia da figura de Concepción Arenal, protagonista este ano do programa Donas de Si da Xunta.

A sesión, promovida polo Departamento de Economía, contou tamén coa exposición dun traballo de varios alumnos de 2º de Bacharelato desta materia sobre a inserción da muller no mercado de traballo ao longo da historia, salientando avances como a incorporación destas aos corpos militares, ou a elaboración de leis como a baixa por maternidade, así como o traballo que aínda queda por diante para acadar a igualdade entre ambos sexos. Outras das actividades xa desenvolvidas no que vai do curso foron o certame de lemas contra a violencia de xénero, adaptacións de contos tradicionais e presentacións sobre mulleres galegas sobranceiras, conferencias de varios escritores ou mostras sobre figuras relevantes.

As mulleres, protagonistas dun novo proxecto do IES Saturnino Montojo

Te puede interesar