lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

“O concepto de cantautor variou moito respecto da súa imaxe do pasado”

Diario de Ferrol-2015-05-15-014-530008d3_1

Cun disco na rúa, “Tobogán”, e outro a piques de nacer, “Cosillas (los martes los tenedores no se caen)”, o cantautor ferrolán Miguel Castro, que nos últimos anos alterna a súa faceta musical coa audiovisual, regresa a súa terra para ofrecer os seus temas e algunha versión. Será ás 20.30 horas de hoxe no Ateneo Ferrolán con entradas a 2 euros para os socios e 4, para os que non. O espectáculo leva un revelador título: “Canciones para pensantes”.     

Por que elixiu para o seu espectáculo o título “Canciones para pensantes”?
Porque os cantautores temos o estigma de seren aburridos, “coñazos” e pesados, nunha escena na que a xente quere palmas e festa. Con este título o que eu pretendo é que a xente se prepare para escoitar as letras, sentilas e participar.

Como son esas cancións?
No meu primeiro disco eran todas sobre o amor, pero desde moi diferentes puntos de vista, incluso con ironía. O segundo, do que presentarei os temas pero aínda non están gravados, hai de amor e de temática social e do que a xente se encontra no seu día a día, e suceden cousas tremendas.

Cales son as súas influencias como músico?
Moitas. Desde Silvio Rodríguez, Jorge Drexler ou Aute, do que hoxe farei algunha versión, ata músicos pouco coñecidos pero que son moi bos, como Fran Fernández ou Xurxo Mares. Máis que influencias son gustos, porque eu meto na pota o que me gusta o poño a cocer e fago o que me gusta. Ademais me teñen sacado influencias do mais extraño, como Santiago Auserón...

Cambiou a figura do cantautor cos anos?
Totalmente. Antes había un Serrat, un Paco Ibáñez ou un Víctor Manuel que facían os seus temas e os cataban. Hoxe tes moitos grupos nos que hai un que fai os seus temas e os canta con guitarra eléctrica. Que  diferencia hai? A paleta abriuse moito.

Ademais da música, a súa faceta creativa énchese co audiovisual.
Si, despois de apuntarme á Escola de Teatro de Narón, fixemos como traballo a curtametraxe “Naufraxios”, a partir de aí fixen un par deles máis e teño previsto outros tres. Gústame facer de todo.

Volvendo á música, pouco se prodiga en Ferrol.
E que apenas me chaman. Na Coruña actúo con certa regularidade e participo no ciclo da Asociación “Viernes de Cantautar”, pero aquí non sei que pasa.

Como ve a situación cultural da cidade?
Como a social, un desastre. Con pouca xente nas rúas, creadores que fan cousas pero teñen poucos medios e un Concello que prefire gastar 20.000 euros nunha escultura incalificable que en axudar a unha entidade como o Ateneo. A cousa non se pode comparar coa da Coruña, pero nin sequera coa de Narón.

“O concepto de cantautor variou moito respecto da súa imaxe do pasado”

Te puede interesar