Presentan o último Premio Xerais en Pontedeume

09 junio 2013 página 56 / 11 octubre 2013 página 23 Pontevedra.- Xabier López gana el premio Xerais de novela y Antonio Fraga el Merlín de literatura infantil
|

O escritor Xabier López presenta hoxe, ás oito da tarde, na Casa da Cultura de Pontedeume, a súa novela “Cadeas”, coa que gañou o Premio Xerais en 2013. Trátase dun acto organizado polo Ateneo Eumés no que participará o propio autor, nacido en Bergondo e que reside desde hai dúas décadas en Betanzos.
López publicou a súa primeira novela en 1997, “Biff, Bang, Pow!”, e desde entón mantén unha prolífica carreira literaria, tanto para adultos como para un público infantil, no que destacan algúns dos premios máis relevantes da literatura galega. Con “O caderno”, de 2001, obtivo o Risco de Literatura Fantástica, “O mono no espello”, ó ano seguinte, gañou o Lueiro Rey de novela curta, mentres que en 2003 foi recoñecido co García Barros e polo Premio da Crítica Española con “A vida que nos mata”. Este mesmo ano publicou ademais “1989”, coa editorial Biblos.
O xurado do Xerais destacou no seu fallo que “Cadeas” “é unha novela de novelas. Un baúl de historias que denotan, ante todo, unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar”. n

Presentan o último Premio Xerais en Pontedeume