Sedes reviviu a cultura castrexa coa recreación dunha feira celta

Sedes reviviu a cultura castrexa coa recreación dunha feira celta
Copia de Diario de Ferrol-2013-10-13-013-ae189f9e

A parroquia naronesa de Sedes recrea o Oenach (unha reunión das tribos celtas para o comercio e para a promulgación de leis) durante o verán, pero o accidente de tren en Santiago fixo que esta festa se aprazase ata onte. Foi á tarde cando se desenvolveu un programa que lembra á cultura castrexa. No forno comunitario da campa cocéronse empanada, bola de liscos e bolas na sartén, e tamén houbo unha mostra con vestimenta, utensilios e outros obxectos propios desta época histórica. Os xogos rurais deron paso a un concerto da banda de gaitas do Padroado, seguido por unha función teatral da compañía comunitaria de Sedes. Tamén se entregou a distinción Castrexa de Honra a Elvira Fontán, para rematar a tarde cunha exhibición do grupo de danza Alxibeira.

Sedes reviviu a cultura castrexa coa recreación dunha feira celta

Te puede interesar