Posse retrata coa cámara o pulso da Semana da Poesía Salvaxe

ateneo exposicion poesía salvaxe fotografías pepe posse
|

Entre os anos 2010 e 2014 o fotógrafo ferrolán Pepe Posse asistiu con intensidade ás edicións da Semana da Poesía Salvaxe, o evento ácrata e lírico no que conviven en Ferrol poetas (éditos ou inéditos, pero sempre de corazón) de toda a Península Ibérica e incluso de fóra dela. Seleccionando boa parte das imaxes tomadas no evento onte inaugurou a súa nova exposición no Ateneo Ferrolán, unha mostra que leva por título “Mondas de luz”. Un total de 43 fotografías que recollen o espírito dunha cita literaria capaz de abrirse á rúa e de reivindicar a centralidade do ser humano e os seus conflitos e grandezas.
Posse estivo onte acompañado no Ateneo Ferrolán polos impulsores da iniciatica poética, Guillermo Ferrández e Juan Carlos Valle “Karlotti”. Ambos alabaron a mirada do fotógrafo para describir os diferentes estados de ánimo polos que durante varios días transcorre a Semana da Poesía Salvaxe que este ano cumpre a súa oitava edición. Segundo Guillermo Ferrández “las fotografías de Posse son como las cenizas que no quisieran olvidar el incendio, y a la vez  su fotografía se revela como un pretexto para que surja la poesía, la irracionalidad poética va acompañada por la distorsión de la luz que la mirada de Pepe Posse convierte en objeto poético de la misma manera que si retratara la esencia del movimiento del tiempo”. 

Posse retrata coa cámara o pulso da Semana da Poesía Salvaxe