Os programas formativos básicos reúnen a un total de 75 alumnos

Os programas formativos básicos reúnen a un total de 75 alumnos
O acto de presentación do novo curso tivo lugar onte no Carvalho Calero

Os programas formativos básicos da comarca de Ferrolterra, dirixidos a persoas maiores de 16 anos que non teñan o título de ESO, deron onte o pistoletazo de saída co acto de presentación e a sinatura de convenios coas empresas colaboradoras.


Un total de 75 alumnos recibirán formación durante os vindeiros meses nos perfís profesionais ofertados: actividades auxiliares de almacén, comercio, limpeza de superficies e mobiliario, industrias alimentarias e restauración.


Nunha primeira fase, ata o mes de decembro, asistirán dous días á semana aos respectivos institutos (Fernando Esquío de Neda, Catabois, Ferrol Vello e Canido) e outros tres á empresa que lles corresponda para facer a formación específica da especialidade (Rilo Maquinaria, Alcampo SA, Limpezas Limbes, Distribuiciones Froiz SA y Gestión Plus.


Desde xaneiro e ata xuño será a quenda para as prácticas non laborais nalgún dos centros de traballo do medio cento de empresas que un ano máis implicaranse no desenvolvemento destes programas.


Os que superen o curso con aprobado recibirán o Certificado de Profesionalidade de nivel 1 da especialidade.
Unha das principais bazas destas accións formativas radica, tal e como se vén comprobando edición tras edición, é o índice de inserción laboral dos participantes, situado arredor do 30%. Ademais, algúns dos matriculados conseguen retomar os estudos unha vez rematan o curso.


Demanda
Os programas formativos básicos que se desenvolven na comarca son pioneiros a nivel da comunidade galega ao implicar no proceso formativo á administración pública, a través das consellerías de Traballo e Educación, e ás empresas.


Os programas teñen ano tras ano unha gran demanda. Para o curso actual presentáronse arredor de 150 soliticitudes para as 75 prazas dispoñibles. A comisión técnica dos programas desenvolveu hai dúas semanas as entrevistas os candidatos para facer a selección dos mesmos.

Os programas formativos básicos reúnen a un total de 75 alumnos

Te puede interesar