Antonio Fernández gaña o concurso de carteis do Festival Irmandiño de Moeche

Antonio Fernández gaña  o concurso de carteis do  Festival Irmandiño de Moeche
Copia de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-1410785b

O XXXV Festival Irmandiño de Moeche será os días 22 e 23 de agosto e xa ten imaxe. Trátase dun cartel deseñado por Antonio Fernández, quen gañou o concurso que organiza a asociación cultural que leva adiante a festa. A música, a través de diferentes instrumentos tradicionais e habituais dos conxuntos folk, está moi presente nun traballo que ten como imaxe central unha fotografía co espectáculo de fogos artificiais e de luz que se desenvolve na noite na que se recrea o asalto dos campesiños ó castelo modestino.
O premio para Antonio Fernández consiste ademais en 100 euros en metálico e un agasallo conmemorativo.

contos
A asociación Irmandiños de Moeche organiza tamén un certame de relato curto que este ano, na súa segunda edición, gañou Saray Díaz Canosa, estudante do IES As Telleiras de Narón. O seu texto “Quen traizoou a quen?” pódese ler a través do Facebook do Festival Irmandiño. Ambiéntanse uns anos despois da primeira revolta contra o poder dos Andrade (a coñecida como da Irmandade Fusquenlla) e pouco antes da segunda. Protagonízao un panadeiro con especiais vencellos co señor feudal e que, por iso, non é consciente da súa verdadeira posición de vasalo, igual á dos seus veciños. Lembra os acontecementos que sucederon en Moeche, o seu papel neles e avanza tamén novos problemas para unha fortaleza en reconstrución.
O premio de relatos está tamén dotado con 100 euros en metálico e un agasallo conmemorativo.
O fallo deuse a coñecer o sábado, como unha forma de festexar tamén o Día das Letras Galegas.

Antonio Fernández gaña o concurso de carteis do Festival Irmandiño de Moeche

Te puede interesar