EU presume de xestión municipal como aval para Ferrol en Común

EU presume de xestión municipal como aval para Ferrol en Común
presentación de la candidatura a las primarias de EU de Jorge Suárez

Esquerda Unida considera un éxito o proceso de confluencia que se plasmou en Ferrol en Común, froito “da unidade entre tradicións moi distintas e novas maneiras de entender a política”, explicou onte en rolda de prensa o seu coordinador local, Suso Basterrechea. “Cremos sinceramente que vamos arrasar, que vamos ser quen de acadar unha forza moi importante e de gobernar. Temos a intención de lograr o goberno da cidade”.

Basterrechea mostrouse “orgulloso” do pasado dunha organización que “defende políticas de esquerda, coñece os sacrificios persoais e demostra que entende a política como unha cuestión de servizo público e de compromiso cos ideais”. Exhibiu os logros da súa etapa na xestión municipal (durante unha parte do goberno de Irisarri na que se mantivo a coalición EU-PSOE), na que destacou ser “a primeira cidade en Galicia que fixo posible un programa de participación cidadá” ou dar “un xiro radical ó panorama cultural desta cidade”. De feito afirmou que moitas das propostas na área de cultura e na de igualde que hoxe en día seguen en pé, “aínda que maltratadas”, naceron nesa época. “Queremos integrar a nosa experiencia en Ferrol en Común”.

Jorge Suárez, que gañou as Primarias de Esquerda Unida para optar á Alcaldía de Ferrol e que agora participará nas do novo partido de confluencia para repetir este posto, asegurou que “EU ten acreditado que cando goberna mellora sensiblemente a calidade de vida das persoas”. Presenta Ferrol en Común como “a única alternativa ó bipartidismo” e asegura que “a acollida foi realmente ilusionante” na “rúa e nos centros de traballo” porque “parece que era algo esperado”.

O obxectivo é “vencer ó PP porque foi o que trouxo a esta cidade máis paro, máis emigración, máis envellecemento e máis pobreza”, di Suárez. Porén, aclara: “As nosas propostas son en positivo para crear emprego e activar a participación”.

Esta “aposta decidida e firme de esquerdas” implica a defensa “duns servizos públicos de calidade”, apuntou Basterrechea, así como “a xeración de traballo de calidade desde as institucións públicas, a defensa das liberdades individuais e das distintas maneiras de entender o mundo”, un concepto de cidade “aberta”, cun “urbanismo sostible ó servizo dos cidadáns” e que sexa “moderna, amable e con capacidade para atraer novos habitantes”.

O maior risco que ve EU no proxecto Ferrol en Común é o de que os seus votantes non os identifiquen nesta lista na que irán sen siglas. “Imos traballar duro para que non aconteza”, aseguró Basterrechea. “Queremos que cada un saiba a quen vota por iso os postos finais, de horna, serán para diferentes persoeiros que deixen claro onde está cadaquén”. O propio Basterrecha podería ir na candidatura. “Estou a disposición da miña organización e desta coalición. Estarei onde me digan”.

EU presume de xestión municipal como aval para Ferrol en Común

Te puede interesar