O concello naronés lamenta a falta de compromiso da Xunta no mantemento dos colexios

O concello naronés lamenta a falta de compromiso da Xunta no mantemento dos colexios
Na imaxe un dos cambiadores instalados polo concello naronés

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, amosou o seu malestar pola comunicación realizada recentemente desde a Xunta de Galicia ante a dirección e á ANPA do colexio Virxe do Mar na que se pronunciaban sobre os investimentos en centros educativos da cidade. Desde o Concello naronés engaden que “a administración autonómica alude no escrito a unha moción aprobada no Concello en 2017 sobre o compromiso do Consistorio de investir unha contía igual á da administración autonómica nestas tarefas”. Ao respecto, Taibo subliñou que nesa moción, que fora impulsada por Terra Galega, PSOE e BNG, e contra a que votaran en contra os edís do PP. “O que aprobamos foi instar á Consellería de Educación a elaborar un informe das necesidades e melloras urxentes nos centros educativos do termo municipal, co fin de dotar orzamentariamente as actuacións prioritarias e ofrecendo o Concello unha colaboración de ata un 50% dos fondos necesarios para acometelas”, apuntou Taibo. Quen lamentou que desde a Xunta se trata de enganar aos responsables do centro e veciños. l

O concello naronés lamenta a falta de compromiso da Xunta no mantemento dos colexios

Te puede interesar