Ferrolterra énchese de flores e música

Ferrolterra énchese de flores e música
Jardines de la Fenya Entrega de los premios de contraportada Mu��o do Vento

Canido está en festas desde o xoves pero será hoxe cando se acaben de construír os maios e todo o barrio luza estas construcións florais, que nunca se perderon nesta zona da cidade. A elo contribuirán os veciños e asociacións que se suman a esta celebración tradicional. Unha colaboración grazas á cal se deseñou un amplo programa de actividades con música e teatro que se completa durante a fin de semana cun mercado de artesanía, horta e segunda man, un xantar popular, xogos para os nenos e a entrega de premios dos concursos organizados pola asociación Muíño do Vento. Xurxo Souto e Lalo Carnota recibiron o II Premio de Textos de Contraportada por “A terra queima” e os nenos de colexios como o Juan de Lángara, San Rosendo e IES Canido o do certame literario “Inventa unha flor”. A entrega celebrouse ó mediodía nos xardíns da Fenya coa participación ademais do grupo de baile Mario Escudero, o ilusionista Martín Varela e Alén de Ancos.
O programa de hoxe comezará ás 10.00 cun torneo de fútbol 3x3 e seguirá ás 10.30 cun pa-sarrúas e, ás 11.00, coa apertura do mercado de artesanía. Os nenos poderán participar nos obradoiros que haberá na rúa Alegre desde as 11.30 horas e ás 12.30 está prevista unha exhibición de zumba, unha modalidade que combina o exercicio aeróbico co baile latino e que está a arrasar nos ximnasios de medio mundo. Para seguir bailando tocarán Los Zares a sesión vermú a partir das dúas da tarde.
A rúa Pérez Parallé será o escenario do segundo xantar popular dos maios, que dará paso pola tarde, ás 17.30 horas, a xogos populares e unha hora despois a un novo pasarrúas que volverá encher de música o barrio. O coro Toxos e Froles cantará ás 19.00 horas e ás 19.30 pecharase o mercado de artesanía, produtos da terra e tamén de segunda man e de ocasión. As bombas de palenque que anunciaron a festa durante todos estes días pecharán a xornada ás 20.30 horas.
A Asociación de Veciños organizou este programa coa colaboración de particulares, empresas e sociedades da cidade. n

Ferrolterra énchese de flores e música

Te puede interesar