O Coro Toxos e Froles denuncia a “situación crítica” na que se atopan as súas instalacións



Así se recolle na petición que o colectivo vén de facer na plataforma change.org –para a recollida de sinaturas– dirixida ao Concello de Ferrol, de quen di que “está a incumprir o convenio asinado en 2004, en virtude do cal o Toxos cedía á cidade de Ferrol este inmoble e o Concello debería facerse cargo do seu mantemento, para que poidésemos desenvolver todas as nosas actividades en perfectas condicións”, apuntan.


Según o Toxos, “unha das consecuencias do incumprimento do convenio por parte do Concello é que non podemos facer uso da cafetería, coa conseguinte perda económica que supón para a subsistencia da entidade”, engaden.


De seguir nestas condicións, a entidade veríase abocada ao seu peche logo despois de 104 anos de traballo ininterrumpido a prol da cultura galega, segundo informan. l

O Coro Toxos e Froles denuncia a “situación crítica” na que se atopan as súas instalacións

Te puede interesar