O Parador recibe mañá o IV Torneo de Magic Legacy “Ferrol, Cidade do Mar”

O Parador recibe mañá o  IV Torneo de Magic Legacy “Ferrol, Cidade do Mar”
Copia de Diario de Ferrol-2013-10-25-013-ea571797

Por cuarto ano consecutivo a asociación Novotebeo organiza  o torneo de Magic Legacy “Ferrol, Cidade do Mar, unha competición de cartas que o ano pasado logrou reunir en Ferrol a 80 participantes.
A cita celebrarase o sábado e o domingo no Parador de Turismo de Ferrol. Desenvolverase ao longo destas dúas xornadas, sendo o torneo principal o día 26 e dúas actividades non menos importantes, o día 27.
Repartiranse máis de 2.000 euros en premios ao longo dos dous días, sendo este un torneo premium da casa oficial Wizards of The Coast (responsable da edición destas cartas coleccionables), e onde os xogadores poderán sumar puntos para a clasificación mundial no xogo. Aínda que a duración das partidas é moi variable, os finalistas poden botar ata dez horas de competición.
A organización anuncia que regalará a todas as persoas que visiten o Parador de Turismo  barallas gratis do xogo, para que poidan coñecer este interesante torneo de cartas.

Novotebeo
Novotebeo (http://novotebeo.eu.pn/) é unha asociación de Ferrol creada hai case unha década dende a que se dedican a “promover actividades culturais relacionadas cos xogos de rol, miniaturas e xogos de cartas, co ánimo de ofrecer un ocio diferente, participativo e espectacular en Ferrol, e por extensión en Galicia”. Entre as súas actividades periódicas destacan os torneos anuais “Cidade do Mar” (das cartas magic) e “Novos Brioneses (de miniaturas de Warhammer Fantasy). Dende o ano 2009 a súa programación e dimensión ampliáronse coa presenza de numerosos afeccionados. n

O Parador recibe mañá o IV Torneo de Magic Legacy “Ferrol, Cidade do Mar”

Te puede interesar