Os Correspondentes Xuvenís do Montojo despiden o curso coa secretaria xeral

Os Correspondentes Xuvenís do Montojo despiden o curso coa secretaria xeral
CEIP Os Casais de Fene, visita de la directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, que les va entregar los pasaportes solidarios

Un grupo de 34 estudantes do IES Saturnino Montojo participan este curso na iniciativa Correspondentes Xuvenís 3.0, que os converte en divulgadores de información útil para a rapazada e impulsores de actividades entre os seus compañeiros. Como remate de curso, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou onte o centro para interesarse polo transcurso da iniciativa. Nela, participan tamén alumnos do IES Sofía Casanova, o CIFP Rodolfo Ucha, o IES Ricardo Carballo Calero, o colexio La Salle, o Jorge Juan de Fene e o IES Terra de Trasancos de Narón.


No Saturnino Montojo os rapaces expuxeron o que estiveran facendo ao longo do curso e recibiron as felicitacións da directora xeral, que valorou a importancia do seu traballo para a sua aprendizaxe vital. Tivo tamén que escoitar unha reivindicación: a de que se celebre un campamento final en xuño, como sucedeu o ano pasado (había dous e este curso houbo ata o de agora un e en convocatoria nacional). Pichel comprometeuse a que haberá reunión agora ou en setembro.


A secretaria xeral pasou antes por Fene para visitar os colexios Os Casais e Jorge Juan. Alí fixo entrega a 82 escolares do Pasaporte Solidario, un documento que acredita o traballo que desenvolveron ao longo de todo o curso ao abeiro deste programa. Nos Casais, segundo informan desde a consellería, traballaron valores como a igualdade, recolleron material para reciclar, fixeron de voluntarios na biblioteca ou participaron con accións propias en campañas da ONCE e da Cruz Vermella ou na celebración, en xaneiro, do Día da Paz.


No colexio Jorge Juan colaboraron coa asociación Arraigo, que traballa con persoas en risco de exclusión social, limparon o centro, compartiron tempo coas persoas maiores usuarias do centro social de Fene e tamén fixeron actividades de ocio e deportivas con persoas con parálise cerebral de Aspace-Coruña.

Os Correspondentes Xuvenís do Montojo despiden o curso coa secretaria xeral

Te puede interesar