Nace a plataforma Ferrol Crea para visibilizar o traballo dos novos artistas locais

Nace a plataforma Ferrol Crea para visibilizar o traballo  dos novos artistas locais
Copia de Diario de Ferrol-2014-03-30-016-0f043193

Para calquera observador imparcial o desfase entre o talento creativo de Ferrol e a súa repercusión mediática e institucional é abismal. Se o talento local loce cando marcha da cidade (cara Santiago ou, especialmente, Madrid) os creadores que deciden ficar en Ferrol e na comarca deben facer un esforzo maior para visibilizar o seu traballo nunhas condicións tan precarias como calquera dos seus conveciños.
Nas catacumbas do underground local (por gusto ou necesidade) comezan a amorearse pintores, actores, músicos ou fotógrafos de ambos sexos que semella que veñen de dicir basta. Hai un par de meses daba os seus primeiros pasos Ferrol Crea, en palabras dos seus impulsores  “unha plataforma de artistas e creadores e creadoras de Ferrolterra que ten como obxectivo promocionar e facer visible o traballo destes en eidos como a música, a literatura, a escena, a fotografía, as artes plásticas ou o audiovisual. Polo dereito das xentes de Ferrolterra a coñecer o que fan os/as artistas da súa terra, esta plataforma queda aberta a todos os/as artistas e creadores/as de Ferrol e comarca e a toda persoa á que lle poda interesar dende xa!”.
Artistas plásticos como Sofía Piñeiro, grupos de pop como Carrero Bianco, actores como Bucanero (Xosé Bonome e Pedro Picos) ou xente do audiovisual como Fer Patiño, Pablo Portero ou Juanpa Ameneiros son algúns dos creadores que veñen de dar este primeiro paso. A maiores contan cun enderezo para explicar as novidades en facebook, que amosa o crecente apoio que está a ter a iniciativa. De momento están a poñer en Youtube videoclips nos que explican o seu proxecto e artistas como os anteriormente citados en diferentes ámbitos, reflexionan acerca das carencias culturais na súa cidade e da dificultade para canalizar os seus traballos na mesma. Despois de inserir o primeiro vídeo, o próximo xoves a partir das 20.30 horas poderá verse o segundo manifesto.

Nace a plataforma Ferrol Crea para visibilizar o traballo dos novos artistas locais

Te puede interesar