Cursos de cociña, obradoiros, rock e proxeccións na Festa de Exaltación do Percebe de Cedeira

Cursos de cociña, obradoiros, rock e proxeccións na Festa de Exaltación do Percebe de Cedeira
Diario de Ferrol-2014-10-08-017-ea92c546

A recuperada Festa do Percebe de Cedeira, que non se celebrou o pasado ano, regresa con máis forza con dous días de actividades este sábado e domingo.
Aínda que cun prequeno retraso –en principio ía celebrarse os días 20 e 21 de setembro– o programa xa está practicamente ultimado e xira ao redor do delicioso molusco do que os propios carteis cualifican como “o mellor do mundo”. A cita ábrese o sábado ás 11.00 horas coa proxección da película “Percebeiros”, de David Beriain. Ás 12.00 horas comezan os obradoiros mariñeiros para nenos e nenas e ás 12.30 haberá un Showcooking con receitas elaboradas con percebe de Cedeira. A partir das 17.00 horas continúan os obradoiros mariñeiros infantís e tamén para os pequenos celébrase ás 18.00 horas un taller de cociña para nenos: “Pequechefs do Mar”.
Desde as 21.00 horas haberá “Tapería da Ría” e ás 22.00 comeza o Percebe Rock, unha cita que se celebrará na pista polideportiva anexa ó pavillón cos grupos aínda por confirmar pero no que están xa anunciados os coruñeses La Banda del Camión e Say My Name.
O domingo a actividade volve comezar ás 12.00 horas con obradoiros mariñeiros infantís e media hora máis tarde está prevista a actuación dun grupo de música tradicional. Xa ás 13.00 horas celebrarase a XVI Festa do Percebe de Cedeira.
Pola tarde regresan os obradoiros mariñeiros e ás 19.00 horas lévase adiante un curso de cociña de mercado dirixido á Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios.

Cursos de cociña, obradoiros, rock e proxeccións na Festa de Exaltación do Percebe de Cedeira

Te puede interesar